Maratón nocturno do Tenis Avantaxe

La Voz

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

05 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O Club de Tenis Avantaxe de Lalín pechou a súa programación de inverno dun xeito cando menos peculiar. Dezaseis dos seus socios e socias reuníronse o venres ás 21.00 horas nas pistas municipais da capital dezá para disputar un maratón nocturno, que se prolongou ata as 03.00 horas de onte. Divididos en catro equipos, o triunfo foi a parar para ás mans de David Mosteiro, Julio Mariño, Manolo Taboada e Xabier Quiroga. Cada un recibíu un trofeo, doado por Framiñán. Ademais, entregóuselle a copa ó gañador da última competición ATL, César Reboredo.