«Temos que garantizar servicios básicos, non colgar medallas»

R. G. A ESTRADA

DEZA

R. G.

19 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Para Ana Doval, que leva unha lexislatura como concelleira do PSOE en Forcarei estas serán as súas primeiras eleccións como cabeza de lista. A candidata rebosa ilusión e ganas de traballar. -¿Que cambios faría o PSOE se chega ó goberno? -O primeiro é dinamizar a participación ciudadana. En Forcarei hai unha falta de diálogo coas forzas vivas e cos cidadáns. Os socialistas temos outra forma de ser e outra forma de gobernar. Hai que gobernar cos veciños, e non só para os veciños. -¿Cales son as necesidades prioritarias? -O principal tén que ser garantizar os servicios básicos mínimos fronte ás grandes obras ou ós proxectos para colgarse medallas. Hai que buscar a máxima cobertura en atención domiciliaria e unha programación de actividades sociais, culturais e extraescolares para mellorar a calidade de vida. Tamén, e sobre todo, hai que fixar poboación potenciando o tecido empresarial. Raposeiras non o soubo facer na última lexislatura. Foron catro anos de goberno desde a arbitrariedade e o amiguismo, non de xestión. -¿Ve posible desbancar ó PP? -O máis importante non é desbancar ó PP, é desbancar a inercia e a pasividade, crear ilusión e demostrar que o progreso é posible. Para o PSOE un bo resultado sería duplicar o número de concelleiros e pasar a catro, pero para a democracia o mellor sería que se reducise a forte abstención nos comicios.