«Os independientes son máis do mesmo do que había»

A. F. LALÍN

DEZA

M. M.

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Oito anos como concelleira do BNG lle serviu para coñecer de preto a actividade municipal. -É xa unha veterana... -Foron oito anos de oposición en dous governos distintos do PP nos que vimos unha traxectoria igual respeito a súa línea de actuación. Na primeira lexislatura centrámonos en democratizar o Concello porque era a lei salvaxe do PP. Acudimos moitas veces ós plenos sin documentación xa que non nos a facilitaban. Rematou cunha denuncia no xulgado. Nesta lexislatura centrámonos máis no desenvolvemento económico e abarcamos tódolos temas. -¿O programa do BNG de Silleda é semellante ó do Bloque noutros Concellos? -Son os eixos do BNG. Un programa de desenvolvemento local e de ordenación do territorio. Centrámonos no agro, no turismo, educación, mocidade... Apostamos por políticas específicas en cada eido. O noso programa é ambicioso. -¿É bo que haxa tantas candidaturas en Silleda? -Sempre é bo que haxa candidaturas con ideoloxías pero o que estamos a ver é unha proliferación de candidaturas do Partido Popular. Os Independientes son máis do mesmo do que había é nós precisamos un cambio para outra parte, outra forma de facer política. Non sei se é positivo ou negativo de que haxa tantas. E, en todo caso, ¿para quen é bo ou malo? -¿Están dispostos a pactar se fose preciso? -Os pactos teñen que ser en base a programas.