«Non lle daría 6 meses de vida a un governo de coalición»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

Silleda é o Concello dezá que presenta a estas eleccións un maior número de candidaturas. Cinco formacións pugnan por facerse coa alcaldía. -¿Que valoración pode facer desa proliferación? -As 5 candidaturas creo que son 4 porque unha xurde dunha división interna. Os cabreados non o están co alcalde senón entre eles e seguirán cabreándose. Estas persoas están a facer unha campaña sucia e ó levar odio e rencor non se pode governar. -Non se descarta un governo de coalición... -O apoio institucional veríase moi mermado se non governa o PP. É máis, non lle daría 6 meses de vida a un governo de coalición. Un pacto entre PP, PSOE e BNG é prácticamente imposible pero eu estou aberto a todo. Non é que teña medo pero estou abrindo os brazos perda ou gañe a aqueles que desexen traballar polo municipio. Imos revalidar a maioría. -¿Cales son agora as necesidades do municipio? -Sabemos as necesidades do municipio e non presentamos un programa de falsas ilusións. É imposible falar, por exemplo, dunha pisicina climatizada. Pero sí podemos falar do novo centro de saúde, do centro social da terceira idade e de infraestructuras para a xuventude para afastala dos camiños da droga. No rural xa fixemos moitas actuacións pero aínda restan cousas por facer e así o faremos nos vindeiros catro anos. -¿Unha campaña limpa? -Moi sucia por parte do CIS e do PSOE.