«Está claro cos independientes só teñen ansias de poder»

A. F. LALÍN

DEZA

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Este candidato a alcalde ostenta tamén a presidencia da Asociación de Veciños Mencer de Bandeira. -¿Que o leva a adicarse á política? -Un dos motivos é o deterioro económico e o endeudamento que temos no noso Concello. Presentámonos para darlle ese pulo económico que precisa. A nosa campaña estamos a celebrala baixo o lema de O cambio é necesario porque así é. Non podemos continuar con este governo e nós contamos coa seriedade necesaria para facer actuación e acadar o cambio que precisa Silleda. Foron 4 anos de governo totalmente desastrosos. Somos a opción política que precisan os cidadáns porque está claro cos independientes só teñen ansias de poder e non atopan o seu sitio. -E o Partido Popular... -Non estamos en contra do PP. Se o partido tivera a un candidato que a xente quixera non habería tantas candidaturas a estas eleccións e nós non nos presentaríamos. -¿Sopesaron a posibilidade de pactar con outras formacións? -Non somos doados ós pactos. En tal caso, a lista máis votada será a que teña que pactar tendo en conta aspeitos puntuales. Nós non imos ser a visagra de ninguén. O Partido Popular podería pactar co CIS porque teñen moitos intereses creados e débense moitos favores. Nós esa matemática non a queremos. Desexamos que a candidatura que obteña máis votos o domingo que conte con nós. O que desexamos, é que quede claro, é que o Partido Popular non acade o governo cos votos que lle aporten os independientes de Silleda.