O Deza reduce a vantaxe do Silleda sobre o Sporting Estrada B

La Voz

DEZA

14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Difícil. Moi difícil parece que o Bandeira poida arrebatarlle a Liga Benxamín a un Sporting Estrada que semana tras semana se amosa intratable ante calquera que sexa o seu rival. O último deles, o Touro, sufríu nas súas carnes a derrota ante o líder o pasado domingo en campo estradense. Iso si, demostrou a súa condición de quinto da táboa ata ese momento, ó perder con claridade (6-2), pero sen recibir unha das numerosas palizas conqueridas polos de Tabeirós-Terra de Montes ante boa parte dos seus contrincantes ó longo da presente tempada. O Bandeira, pola súa parte, tampouco perdeu comba á espera dun cada vez máis improbable tropezón do Sporting Estrada. Cero a 4 foi o resultado do seu duelo co Cruces. Sen novidade entre os dous únicos aspirantes, xa matematicamente, ó título, a sorpresa chegou no terceiro posto da clasificación. O seu actual inquilino, o Silleda, perdeu na última xornada disputada dous dos catro puntos de ventaxa dos que dispoñía respecto ó seu único rival de peso pola praza, o Sporting Estrada B. Fíxoo cun empate a domicilio no seu desprazamento ó campo do Escola Deza. O Sporting Estrada B, mentres tanto, non desaproveitou a ocasión, cumprindo coa súa parte ó derrotar 4-0 ó colista, o Bandeira B. O Lamela tamén fixo bos os pronósticos ó golear 7-2 ó penúltimo, o Silleda B.