Concelleiro do PSOE na pasada lexislatura, José Vence Deza encabeza agora a candidatura socialista. -¿Que balance fai dos catro anos de governo do PP? -O PP demostrou nestes catro anos que está carente de ideas e permanece anclado no pasado. Os grandes proxectos para Rodeiro están sin facer. Cando houbo un cambio de alcalde, fai seis anos, pensamos que as cousas cambiarían pero segue sendo o mesmo. -¿Por onde pasa o futuro do municipio? -Está claro que o desenrolo de Rodeiro tiña que haberse feito pero estamos a tempo para coller ese tren e nós apostamos por un plan urxente de urbanización porque as casas estanse a construir na clandestinidade. Necesitamos un pobo máis armónico e habitable que sexa unha zona residencial para os que traballan, por exemplo, en Lalín. Apostamos polo desarrollo rural e queremos poñer en marcha un plan piloto experimental aquí de cambio de fincas. É preciso tamén mellorar o acceso ás fincas e mercar as casas que están abandonadas para que os tractores e os camións de recollida de leite poidan chegar a tódolos núcelos do municipio.