O CRISOL
14 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Dende que os aeroxeneradores do Parque Eólico do Monte Carrio empezaran a xirar as suas aspas, hai xa bastantes meses, os veciños de todas as parroquias situadas ó leste deste monte, principalmente as do Concello de Lalín, empezamos a padecer interferencias que dificultan seriamente a visión de determinadas canles televisivas. Estas interferencias impiden recibir, cun mínimo de calidade de imaxe e son, as seguintes cadeas: TVE-2, Telecinco, Antena 3 e Canal Plus, entre outras. A solución técnica a este problema non é difícil nin costosa.Sen embargo en todos estes meses ninguén tentou subsanar os trastornos que nos está ocasionar ós veciños a posta en funcionamento deste parque eólico.Empezando pola propia empresa que o instalou, e o explota económicamente, que debería correxir o impacto e as externalidades producidas coa súa actividade. E igualmente co Concello de Lalín, que ata o momento non parece que tomase cartas no asunto para buscar unha solución a estasmolestias que padecemos. ¿Cánto tempo teremos que esperar para que alguén se digne en reparar esta situación?