Os infantís A disputarán o partido da consolación co Octavio

La Voz

DEZA

09 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Logo dunha semana de descanso, o Portadeza infantil A medirase esta fin de semana ó Octavio na eliminatoria polo terceiro e cuarto posto da Liga Provincial, na que se tentará quita-lo mal sabor de boca da súa inxusta eliminación a mans do Seis do Nadal. Os outros dous representantes dezaos na Liga Infantil, o Portadeza B e o Agolada, tiveron diferente sorte na ida dos seus respectivos cruces. Os lalinenses derrotaron 5-3 ó Teucro A na loita polo 13º posto, mentres cós seus veciños caeron en Bueu 7-1 polo 15º pesie a xogar un gran encontro, igualado do comezo ó fin como demostran os resultados dos seus cuartos: 8-6, 7-6, 5-4 e 6-6. Benxamíns e alevíns Os benxamíns do Portadeza gañaron pola súa parte 1-7 en Porriño (1-7, 0-4, 3-6 e 2-2). Esta fin de semana xogarán, en caso de dispor do Pabillón Municipal de Lalín, contra o Carballal. Por último, os alevíns venceron no seu duelo co Octavio, en Vigo, por 8-0 (1-4, 1-7, 3-5 e 3-4). Agora descansarán ata despois da Semana Santa.