«Recibín o premio en nome dos galegos que emigraron»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

«Relatos mariñeiros», o último libro de Xosé Neira Vilas, acaba de ver a luz días despois de que fose investido doctor honoris causa en Cuba

22 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O pasado 10 de febreiro o escritor Xosé Neira Vilas recollía este galardón. -Voltou a Cuba e para recoller un premio... -Síntome moi honrado polo premio que me deron porque alí as cousas fánse con moita seriedade e profundidade. O feito de que vivira alí trinta e un anos e escribira a maior parte da miña obra en Cuba creo que tivo moito que ver con este premio e tamén porque os meus libros vencellan culturalmente a Galicia e a Cuba. A miña actividade ó frente da sección galega do instituto de literatura lingüística da Habana que dirixín ó longo de máis de vinte anos tamén creo que condicionou este galardón. -¿En qué centrou o seu discurso na Habana? -Recibín o premio en nome dos galegos que emigraron a Cuba e traballaron na industria do café, do tabaco e nas minas de cobre ó longo de cen anos. Fun a voz dos que non teñen voz porque non teñen acceso a esto e daqueles que viven e dos que xa non viven porque a emigración a Cuba é moi vella, rematou alá polos anos trinta, e só quedan algúns velliños. Un premio, que por certo, comparto coa miña muller Anisia Miranda. -Novo libro de Xosé Neira Vilas... -Acaba de ver a luz e estou a traballar noutras cousas. Sempre teño algo. -¿As actividades non cesan na fundación? -Afortunadamente. A fundación conta con biblioteca, museo e convocamos os premios Arume de poesía e Estornela de teatro e hoxe, ás seis e media da tarde, teremos aquí un acto singular. Xosé Manuel Carballo fará xogos e maxia e contará contos moi divertidos para tódolos asistentes. A entrada é libre para todos.