Fronte a un rival asequible, o Seguros Sanmartín perdeu de 25 puntos O Breogán BBC de Vilagarcía só tivo que xogar a piñón fixo para levarse o triunfo
19 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? Hai unha semana, o adestrador do Seguros Sanmartín, Bilba, fixaba o liderato do grupo B da Copa Delegación Infantil coma obxectivo do seu equipo. Sete días despois, unha vez xogado o primeiro partido da competición, recoñece que «ahora nuestra meta es el segundo puesto». O motivo deste radical troco de opinión non é outro ca monumental paliza sufrida polos seus rapaces ante o Breogán BBC de Vilagarcía a pasada fin de semana no Coto Ferreiro. En total, 25 puntos de diferencia, 38-63, fronte a un rival que chegaba á Estrada coma o penúltimo do Grupo A da Liga Infantil, con catro victorias e sete derrotas. Os números arousanos apuntaban ó Seguros Sanmartín coma favorito. Mais os pupilos de Bilba empeñáronse en quitarse de enriba ese papel a base dun baloncesto paupérrimo e mesmo deplorable.O seu propio técnico comentaba ó respecto que «fue una vergüenza. Fue nuestro peor partido de la temporada pero con mucha diferencia. Ellos no eran ni altos ni rápidos, sólo hicieron una presión a toda cancha en momentos puntuales del encuentro. Pero los míos jugaron completamente estáticos. Además de fallar tiros facilísimos nos robaron infinidad de balones, incluso en el saque de fondo, consumimos una cantidad enorme de posesiones sin lanzar y cometimos no sé cuántos pasos».O Seguros Sanmartín aguantou o primeiro cuarto (13-14), pero no segundo xa só foi quen de anotar unha canastra, o que foi aproveitado polo BBC para dobrar ós estradenses no marcador ó descanso: 15-31.Aí rematou todo para os locais, que aguantaron a desventaxa no terceiro cuarto, un verdadeiro despropósito por un e outro lado, para ver como o seu rival se ía ata os 25 de diferencia cun parcial de 7-16 no derradeiro cuarto.Bilba lamentou que «mis mejores jugadores se pasaron casi todo el tiempo protestando a los árbitros, en vez de jugar como lo tenían que hacer. La pájara de un día nos deja sin opciones al liderato ante un BBC muy similar a nosotros».