O Departamento Municipal de Educación de Lalín programa actos de animación á lectura, proxeccións e concertos nos colexios do rural
15 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Mar Vázquez e David Canda son os coordinadores destas actividades que comezarán a desenrolarse este mércores. -¿Como xurde a posta en marcha desta programación? -Comezamos mantendo entrevistas cos directores dos centros educativos e coas asociacións de pais de alumnos para coñecer de preto as necesidades que había no eido de actividades extraescolares. A programación está dirixida ós tres colexios do rural porque creemos que os cativos e os pais, por diferentes cuestións, non teñen as mesmas oportunidades á hora de asistir a concertos didácticos, por exemplo. -¿Como se estructurarán as actividades? -Unha das nosas pretensións é crear unha escola de pais itinerante na que se poidan impartir conferencias sobre temas de interese como pode ser a sexualidade, as drogas ou a televisión. Pensamos que nese eido pódese facer unha labor moi importante. -¿Con que parroquias traballarán? -Coas que teñen centros educativos é decir con Vilatuxe, Prado e Cercio aínda que os pais de alumnos de zonas limítrofes tamén están convidados a tomar parte nas actividades programadas. -¿Cando comezarán? -Temos pensado proxectar este mércores o vídeo sobre o astrónomo Ramón María Aller no colexio de Cercio e logo, dependendo da disponibilidade horaria de cada centro, iremos alí para proxectar dito vídeo e promover xogos de mesa, facer actividades de papiroflexia e globoflexia, roteiros e concertos didácticos. Un día á semán iremos por cada centro para incentivar a animación á lectura.