A banda de Ponteledesma foi seleccionada para participar no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia en xuño
05 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.o. -Con ledicia. Poder tocar no certame de Valencia é unha honra xa que no mesmo participan tódolos anos formacións moi importantes. Tentaremos deixar alí o mellor de nós mesmos, a nosa música e queremos amosar o bo nivel que penso que temos. -¿Que obras interpretarán? -Interpretaremos unha obra que nos deu sorte e coa que acadamos o primeiro premio no segundo Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra. A competición non será doada e xa estamos a prepararnos levando a cabo moito traballo, ensaios, esforzo e planificación coa intención de quedar o mellor posible. -Xa sabemos que as bandas valencianas teñen moita tradición e na sección segunda na que competiremos, que é para formacións de entre cincoenta e setenta músicos, participarán outras oito bandas. Unha é italiana, unha francesa, catro valencianas, unha de Toledo e outra de Ciudad Real. Non se presenta fácil o certame pero faremos todo o que sexa posible para voltar con algún premio. -¿Cantos músicos forman parte na actualidade da banda? -Actualmente na banda somos cincoenta e sete compoñentes e contamos, dende hai sete anos, cunha escola de música que está a funcionar moi ben.