A campaña de recollida de alimentos e roupa, que se puxo en marcha no municipio de Silleda, con destino ós voluntarios da costa está a ser un éxito
17 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Satisfeito amósase o concelleiro de Medioambiente do Concello de Silleda pola resposta dos cidadáns respecto á campaña de recollida de roupa e alimentos que se destinarán ós voluntarios que limpan as costas galegas. -¿Agardaba unha resposta tan masiva? -A verdade é que as previsións son moi boas. Os silledenses somos persoas solidarias e a mostra verase cando fagamos o reconto total de alimentos e roupas de cama que foron aportados polos veciños do municipio. A falta de dito resultado e, como exemplo, a parroquia de Mánduas deu douscentos quilos de alimentos e en Lamela os efectivos de Protección Civil xa fixeron varias viaxes porque non se conseguiu recoller todo o material que había. Creo que imos carecer de espacio físico para almacenar todo. A campaña de recolida de roupa e de comida é un éxito e non esperaba que o fora tanto realmente polo que estou moi contento. -¿Que asociacións colaboran na iniciativa? -O alcalde mantivo xunto a varios concelleiros unha reunión con representantes de tódolos colectivos so municipio e, nese encontro, xurdiu unha coordinadora que representa a cada un dos sectores que temos en Silleda. Todo o mundo volcouse nesta iniciativa solidaria e na vindeira semán está previsto celebrar un novo encontro para plantexar outras accións solidarias que se poderían levar a cabo dende aquí. -Haberá que facer unha selección de tódolos alimentos e roupas recolidas... -Imos adicar parte da xornada e hoxe e de mañán a embalar e etiquetar as caixas que remitiremos á base de A Estrada.