«A singularidade de Zobra é tal que iremos outra vez alí»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

A Asociación de Cabaleiros do Deza leva trece anos organizando a ruta a Zobra que, para esta edición, está fixada para os días 1 e 2 de febreiro

10 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Para a presente edición da ruta a Zobra, o colectivo de cabaleiros programou algunhas novidades respecto a anos anteriores. -¿Esta ruta é a máis emblemáticas de tódalas que veñen organizando? -É certo. Moitos dos socios, entre eles eu mesmo, levamos trece anos indo a Zobra tódolos anos. Na maioría dos casos nunca se falta a esa cita e sempre nos desprazamos ata Zobra a Cabalo. -¿Por que escolleron de tódalas aldeas do municipio a de Zobra? -A singularidade de Zobra é tal que iremos unha vez máis alí. É unha aldea na que as súas xentes están integradas coa asociación e pola súa situación é unha das mellores rutas que se poden facer a cabalo. Zobra é singular e os seus habitantes son encantadores e sempres están dispostos a axudarnos cando imos de ruta. -Este ano presentan algunha novidade... -Era preciso facer algo novo e organizamos unha proba de tempo secreto para que tódolos cabaleiros vaian a un mesmo ritmo, ou polo menos semellante. Os organizadores da proba son os que teñen establecido ese tempo secreto e aqueles que máis se acerquen ó mesmo serán os gañadores. -¿Para tomar parte na proba é preciso anotarse? -Non só para a proba senón tamén para comer o cocido no teleclube de Zobra que, un ano máis, nos preparará Rosa e para comer ó día seguinte en Vilatuxe cando estemos de volta cara a Lalín. Coma tódolos anos tamén durmiremos nas casas de turismo rural de Zobra e nas palleiras. Contamos que na cea estemos unhas cincoenta persoas.