«Preparo algo máis difícil, un número de escapismo»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

O Mago Teto lanzou por segunda vez un importante reto consistente en adiviñar os titulares das novas máis salientables de tres xornais galegos

30 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A sorte xa está botada. As predicións feitas polo Mago Teto xa se atopan en poder do notario de Silleda. -¿En que consiste exactamente o reto? -Adiviñarei a portada de tres xornais galegos, do que se publicará o vindeiro 5 de decembro. Trátanse das informacións máis salientables que se poderán ler na Voz de Galicia, Faro de Vigo e o Correo Gallego. -¿Xa fixera algo semellante noutra ocasión? -Esta non é a primeira vez que fago predicións deste tipo. Nunha ocasión fíxono co Progreso de Lugo e coa Voz de Galicia. Por certo, que adiviñei os titulares de prensa. -¿Canto tempo levaba traballando neste reto? -Dous meses. Parte do traballo xa estaba feito porque, como dixen, xa fixera outras predicións deste tipo. Nembargantes, para esta ocasión estiven falando con magos de España e de Estados Unidos para asesorarme respecto a certas cuestións. Creo que atopei unha forma axeitada de facelo aínda que haberá que agardar ó vindeiro xoves para saber con exactitude se o fixen ben. -¿É consciente da repercusión que terá o acto? -Son consciente de que sexa cal sexa o resultado terá certa repercusión na zona. Se fallo saberase e se acerto tamén se saberá. De todos xeitos espero acertar, claro. -¿Esta a preparar algo máis difícil de cara ós vindeiros meses? -Preparo algo máis difícil, un número de escapismo que se todo vai ben poderei presentar no próximo ano. É un número de máis risco co das predicións. -¿Cantos anos leva adicado á maxia? -Doce anos de traballo sen descansar.