30 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.
Sen grandes complicacións, o equipo xuvenil do Lalín desfíxose onte no campo de Vilatuxe dun dos seus principais rivais na parte media-alta da táboa da Liga Galega. Catro a 2 foi o resultado final do enfrontamento dos rapaces de Ángel Novoa e o Viveiro. Os xogadores locais dominaron o encontro de principio a fin, recibindo un premio tempraneiro en forma de dous tantos consecutivos de Dani nos minutos 5 e 6. Un penalti transformado por Iván puxo o 3-1 no minuto 43, cinco despois de encaixa-lo Lalín o primeiro dos dous goles á contra transformados polos lugueses. Dani, no minuto 63, voltou a marcar. O 4-2 chegaría a cinco do final, cando xa todo estaba feito.