RASTRO DE AIRE
03 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.PArto da base de que non hai incendio xustificado nin xustificación para queima-lo monte. Que non haxa dúbidas. Pero as veces algunhas augas traen estas lamas (lumes). É unha hipótese, pero no medio rural son moitos os que o relacionan co xabarín, coa boca pequena pero que se sinte nos bares a pouco que se cotillee pola vida. A avalancha de lume preséntase na hipótese como o último momento para prever os ataques de xabarín das leiras de millo e patacas. Seica o animal gusta moito de esconderse en zonas de monte baixo, con maleza, leñoso, pouco limpo... O que non é hipotese é o cabreo dos gandeiros e a impotencia fronte ó animal. Arde moito monte non madeirable. O que se fala nos bares e convirto en hipótese suporía, para atallar o lume, limpa-los montes e regular a poboación de xabarín. Sempre en hipótese.