«Cotelo é un lugar máxico para aillarse do cemento»

DEZA

Un grupo de artistas conviviu durante sete días coa verde paisaxe do Cotelo, en Forcarei, nun encontro que aunou a creación artística e a. natureza

31 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A arte e a natureza convertéronse nunha soa realidade en Forcarei. Un grupo de artistas, de diversos países, estivo sete días creando proxectos relacionados coa natureza na área recreativa de Cotelo. Antón Sobral, un dos artistas que participou na xuntanza, conta a «máxica» experiencia. -¿Cantos artistas estivestes en Cotelo? -Eramos vinte. Había xente de diferentes países como Francia e Alemania. -¿Cal era o principal obxectivo deste encontro da arte e a natureza? -O principal é aillarse do cemento e este é un lugar máxico para facelo. Aquí un pode sentir a natureza e impregnarse dela. ­­-¿Que facían ó longo dalgún dos sete días de encontro? -Ás 8 da mañá facíamos Tai-Chi. Despois a maior parte do tempo cada artista estaba creando pola súa conta, pero soiamos participar uns nas obras dos outros. Ás sete da tarde tiñamos unha reunión e pola noite festa. Había xente que tocaba a gaita, eu tocaba a guitarra,... é dicir, que nos levabamos moi ben e había festa tódalas noites. Viviamos o día e a noite impregnados de natureza. -¿Pode citar algunha das creacións que xurdiron en Cotelo? -Houbo moitas e moi variadas. Dende unha artista que se meteu no río e sacou fotos , ata quen fixo motivos florais coloristas, integrou a natureza coa música e os sentidos ou recolleu lixo para simbolizar a carga que levamos os individuos alá donde imos. -¿Cal foi a súa creación nestes días de encontro? -Prantei flores artificiais na natureza que ó velas nas fotografías parecían naturais. Era un xogo entre o real e o falso.