A ocupación durante o mes de agosto na biblioteca de Lalín é máxima. Isabel Calviño é a bibliotecaria titular e relata o ambiente que alí se respira
28 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A biblioteca de Lalín está estos días moi concurrida. Achéganse peligrosamente as datas dos exames de setembro e das oposicións, e os estudiantes da zona óptan polo silencio e o ambiente tranquilo da biblioteca para estudiar. -¿Cal é o horario de apertura da biblioteca e cantas persoas están traballando? -A biblioteca está aberta pola mañá de 9.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 20.00, e somos catro persoas atendendo. Pola mañá estou eu e pola tarde tres becarios, aínda que de vez en cando tamén veño eu a supervisar. -Supoño que a estas alturas xa se deixarán ver os estudiantes que preparan os exames de setembro... -Desde logo que si. De feito a biblioteca leva todo o mes de agosto atope. A xente ven a estudiar para os exames de setembro e máis a preparar oposicións. -¿A que servicios pode acceder o usuario? -Á biblioteca pode vir todo o mundo a estudiar, ler ou consultar as revistas especializadas en diversas materias que temos. Sin embargo, os que son socios teñen acceso a máis servicios como o préstamo de libros ou o acceso ós oito ordenadores que temos, que son máis accesibles nas tarifas que os cibers. -Dise que en verán aumenta o índice de lectura. ¿Nótase este dato nos préstamos de libros? -En certa maneira si, aínda que os que máis libros collen son os nenos e mozos ata os 20 anos, porque os adultos adícanse máis a estudiar. Os libros de aventura son os máis solicitados polos cativos, e á hora de escoller o libro déixanse levar polo título e a histoira. Sen dúbida o furor este verán foi Harry Potter.