Piloño reencóntrase este domingo coa súa feira tradicional na que haberá artesanía, carreira pedestre, e degustación da típica chula
24 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A parroquia de Piloño ten cita coa tradición este domingo. Trátase dunha inciativa que levou a cabo a Asociación Feira do 21 para recuperar a súa histórica feira. Aínda que será unha festa da artesanía donde se reunirán a meirande parte dos artesáns da zona, tamén contará con parte gastronómica e festiva. -¿Como van os últimos preparativos para esta irmeira feira? -Moi ben. O máis importante é que toda a parroquia está completamente volcada no proxecto. Incluso os nenos contan os días para que chegue. -¿Que vai haber o domingo en Piloño? -Será por unha parte unha feira artesana porque vai haber stands de coiro, ferro..., despois temos a parte gastronómica coa degustación da chula , un stand de información turística e a carreira pedestre. -¿Vai haber un pregón especial? -Si, xustamente o pregón vai ser o que una a antiga feira con esta. Vai ser un pregón de cegos, como antes. Vano dar Anxo Basterra e Iñaki Vilariño, da Compañía Seisidedos, e ademais van repartir follas de crimes pasionais e noticias como antigamente. -Aparte do pregón, que a asociación que a organiza e a propia feira se chamen o 21 xa recorda a antiga feira... -Si, porque antes celebrábase o día 21 e a partires de agora imos intentar celebrala ese día pero este ano non puido ser así. -¿Cando deixou de celebrarse a antiga feira? -As últimas foron a principios do século vinte. Onte aínda me atopei cun señor que viña vender os bois á feira de Piloño e nunha das feiras coñeceu a unha moza e o final casouse con ela.