Unha zona con pouso propio

La Voz

DEZA

24 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O aire non se pode coller coas mans, pero deixa pouso, rexenera, reactiva. Deixa rastro das cousas, das xentes e das vidas ailladas e interrelacionadas. O rastro do aire en Deza e Tabeirós-Montes é propio, como a xente de aldea e vila, a verba da taberna e da cafetería, o xeito de facer do labrego e do industrial, o sol e a choiva nos miolos en bens de cadaquén, a fame e a abundancia, as fronteiras na N-525 e no Deza, os menceres e solpores... Seique se chove nun lado de Ponte Taboada non o fai no outro. A Semana Verde non se sabe ben de quen é. Os alcaldes van completar con molinetes os anacos de monte que deixan as empresas. As granxas e a xente non poderán convivir. Vai haber aparcamentos e rúas peatonais. Pode que chova ou que faga sol e medrará o millo ou a herba seca. Vaise entre os dedos, intanxible, pero o aire deixa rastro e pouso na zona.