«Este ano consolidouse a escola»

La Voz

DEZA

AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Xosé Manuel Ogando Montes, animador teatral do Concello de Lalín O traballo desenrolado ó longo do ano na Escola Municipal de Teatro de Lalín aporta agora os seus froitos coas representacións das obras que se ensaiaron nestes meses. Os grupos do colexio de Vilatuxe e a parroquia de Santiso xa tiveron xa estrearon pezas pero as funcións non rematarán ata o 5 de xullo. Por outra banda, o 28 de maio no Auditorio Municipal da vila entregaranse os diplomas ós trescentos cativos e maiores que tomaron parte nesta actividade.

21 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O pasado 1 de maio comezaron as representacións da Escola Municipal de Teatro. -¿Como foi este ano? -Foi un ano moi satisfactorio no que se consolidou a escola. Houbo continuidade e un asentamento da mesma. Os grupos das parroquias traballaron de arreo e eles mesmos escribiron os guións das obras. -¿Incrementouse o número de grupos? -O número non variou. Son trinta grupos que se formaron nos colexios, institutos e parroquias do municipio. En Santiso e os alumnos do colexio de Vilatuxe xa representaron o seu traballo que foi un éxito. -¿Que tipo de obras se están a representar? -As obras que se ensaiaron e que agora se representan son practicamente todas diferentes. É importante suliñar a importancia que teñen as parroquias participantes porque toman parte na programación dos Circuítos Culturais no Rural do Concello de Lalín e fixeron os escenarios de madeira para as funcións. Son traballos e montaxes de gran calidade nos que non se escatimou o tempo empregado.