«Aquí non se pode vivir só do teatro»

La Voz

DEZA

AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Mela Casal, actriz da compañía Pífano que porá en escea a obra «Acto imprevisto» en Silleda Pífano Teatro representará este venres, ás 19 horas, na Casa da Cultura de Silleda a obra «Acto imprevisto», baseada nun texto de Miguel Gallego. As actrices Gloria Ferreiro e Mela Casal dan vida a dúas mulleres da limpeza nesta obra que dirixe Xosé Manuel Olveira «Pico». Unha peza teatral que xa foi representada con gran éxito en cincoenta e sete ocasións e que vai dirixida, preferentemente, a un público maior de doce anos. A diversión está asegurada.

14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A obra «Acto imprevisto» narra a historia dunha relación entre dúas mulleres e un técnico de luces. -Estas mulleres conversan entre elas e falan das súas vidas, que non son moi agradables. É unha obra para un público adulto porque se fala de drogas e de malos tratos. -¿Como naceu a compañía Pífano Teatro? -Gloria Ferreiro e eu coñecémonos facendo un serial en Radio Voz e decidimos coller as rendas desta compañía fai cinco anos. -¿Como compaxina teatro e televisión? -Ben porque as funcións son en fins de semán. En Galicia compaxinamos unha e outra cousa porque non se pode vivir só do teatro. -¿Con que serie de televisión se quedaría? -Con todas. Gústame a alcaldesa de Portozás que naceu da nada, que é intelixente, íntegra e na que confía a xente do pobo. Será porque mulleres que governan hai poucas. Socorrito do Luar é valente, métese con Gayoso e Virtudiñas de «Terra de Miranda» é unha viuva que despacha callos e que saca un bar adiante.