Tardes de cine, en Lalín

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

As películas «Amelie» e «El oso» proxectaranse nas dependencias da Casa da Xuventude

10 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lalín e a concellería de Xuventude programaron para este mes de maio novas actividades culturais dirixidas a tódolos xóvenes. Dentro da programación para os vindeiros días están as Tardes de cine, que se desenrolarán na Casa da Xuventude da vila, os días 19 e 26 ás sete da tarde. Está prevista a proxección de dúas películas de calidade recoñecida pola crítica: «Amelie» e «El oso», de Jean-Jacques Anneau. A primeira acadou un importante éxito en toda Europa no pasado exercicio e, a segunda, é un canto á natureza. Por outra banda, este domingo celebraranse as Primeiras Xornadas de Rol, en horario de 12 a 2 e de 4 a 7 da tarde, nas que se falará deste xogo e os interesados poderan botar unha partida. A piques de rematarse o curso académico, comeza tamén o estreo das pezas teatrais que a Escola Municipal de Teatro do Concello de Lalín ven ensaiando ó longo dos últimos meses. Así, o grupo de teatro Mellor Xuntos da Escola Municipal de Teatro do Colexio Manuel Rivero porá en escea o día 31, ás 10 da noite, a obra «Xuntos». Posteriormente, as formacións teatrais Quiquiriqui e Mundo ó Revés presentarán a peza «O espectáculo». Un mes de maio no que seguen os talleres de animación, para rapaces de 4 a 13 anos, tódolos domingos e os cursos de baile de salón para nenos e xóvenes nas dependencias da Casa da Xuventude, os xogos de mesa e actividades de diversa índole. Suliñar tamén que manteñénse os ensaios do musical «Fijiis, una historia muy muy real» tódolos fins de semán xa que e ten cada vez máis preto o seu estreo, que será nos vindeiros meses.