AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Damián Payo, comisario da exposición de pintura escolar Mestre Laxeiro A entrega dos premios do cuarto Concurso de Pintura Escolar Mestre Laxeiro, convocado polo Concello de Lalín e patrocinado pola Central Funeraria, desenvolverase mañán no Auditorio Municipal ás oito do serán. Unha hora antes abrirase ó público, no museo Aller Ulloa, a mostra dos 253 debuxos seleccionados de entre os 3.212 que presentaron os rapaces dos dezasete centros de ensino da comarca. O comisario da mostra, Damián Payo, salientou a calidade das obras.
08 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Os traballos seleccionados para o cuarto Premio de Pintura Escolar Mestre Laxeiro xa se atopan no museo. -¿Agardábase unha resposta tan masiva? -Estamos moi satisfeitos pola participación dos rapaces e temos que agradecer o interese amosado polo profesorado neste concurso. De non ser polo empuxe dos mestres, ó mellor, os alumnos non participaban. -¿Que criterios se seguiron á hora de seleccionar? -Buscouse nos traballos a orixinalidade e a cor. Ó longo de tres días, Paco Lareo e Armindo Salgueiro estiveron nos centros para evaluar as obras. Foi unha tarefa árdua porque preséntanse obras de gran calidade. -¿Todo este proceso aínda non rematou? -Non. Despóis da primeira selección nos colexios e institutos agora hai que fallar os premios das tres categorías existentes segundo a idade dos autores das obras. Alicia Fernández, Manuel Moldes e Guillermo Aymerich estarán mañán, pola mañán, no museo para fallar os premios que se entregarán pola noite no Auditorio Municipal.