Pablo Ferreiroa, presidente da Asociación Benéfica Hijos de Lalín en Caracas
12 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Sereno e tranquilo. Así se amosa Pablo Ferreiroa, presidente da Asociación Benéfica Hijos de Lalín en Caracas e secretario de relacións públicas da Hermandad Gallega, ante a situación de crise que está a vivir Venezuela. -¿Cal é a situación agora? -A situación é de tranquilidade. Remataron os tiros, os ruidos e os disturbios pero ninguén puido dormir. A policía está buscando ós que asesinaron a inocentes e non foron membros da Guardia Nacional, como se dixo nun principio, foron os propios seguidores do presidente Chávez. -¿Como está a colectividade galega? -Afortunadamente estamos ben. Hai preocupación polos desenlaces políticos que poden xurdir nas vindeiras horas pero temos as nosas esperanzas e a nosa confianza postas no país. Hai que pensar que hoxe é hoxe e mañán e mañán. Queremos pensar que a situación vai mellorar porque moitos xa pensábamos que teríamos que coller a maleta valeira e voltar á terra sen nada e deixando aquí tódalas nosas posesións. A situación era insostenible, íamos hacia un castrismo. -Con este panorama, ¿pensan vostedes en retornar a Galicia? -A maioría de nós sempre pensamos en voltar a nosa terra, antes ou despóis pero é certo que este é un país benévolo que nos acolleu cos brazos abertos e aquí temos amigos, familia, traballo e a nosa vida de moitos anos.