As masas forestais, a estudio

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

O Patronato Cultural de Lalín convoca unha beca para coñecer na actualidade a situación das mesmas

27 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O Consello de Administración do Patronato Cultural de Lalín nunha sesión ordinaria celebrada o pasado martes aprobou as bases reguladoras dunha beca que está destinada ó estímulo e desenvolvemento de actividades de estudio e seguimento da situación das masas forestais catalogadas polo PXOM de Lalín. O Patronato Cultural de Lalín convoca tódolos anos unha beca pero a temática cámbiase porque, segundo explicou o vicepresidente do patronato Manuel Gómez Estévez, está aberto a todo tipo de iniciativas e non se ciñe só a cuestións culturais. Poderán concurrir a esta beca os universitarios que estudien bioloxía, xeografía ou medio ambiente. O prazo de presentacións de traballos remata o vindeiro 30 de abril e pódense entregar nas dependencias do Patronato Cultural ou no Museo Municipal Aller Ulloa. Por outra banda, permanece tamén aberto o prazo de presentación de traballos para aqueles que desexen presentarse ó Premio Deza de Investigación convocado polo Patronato Cultural de Lalín-Seminario de Estudios de Deza. O tema de investigación é de temática libre e poden concurrir ó mesmo investigadores a título persoal ou en grupo. Establécese un premio de 1.502,5 euros (249.995 pesetas) e a resolución final do xurado darase a coñecer o 15 de decembro. Lembrar que se admiten traballos realizados nas dúas linguas oficiais de Galicia e presentaranse de forma anónima, cun lema na portada en sobre pechado introducíndose os datos do autor no interior do mesmo. Neste caso as obras tamén se poden entregar no Patronato Cultural ou no Museo Municipal ata o vindeiro 3 de outubro, data na que remata o prazo de entrega.