As actividades dirixidas á mocidade, obxeto de axudas

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

A oficina de información remite as bases das subvencións ós colectivos A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lalín está a enviar información ós distintos colectivos do municipio sobre unhas axudas que brinda a administración a aquelas asociacións que realicen, dentro da súa programación, actos ou actividades que están relacionadas coa xuventude. Os colectivos interesados en acceder a ditas subvención poden facer as solicitudes en calquera oficina da Xunta de Galicia antes do vindeiro 28 de marzo.

07 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A Ofcina Municipal de Información Xuvenil de Lalín remitiu información a unha trintena de asociacións xuvenís, culturais, veciñais e de amas de casa do municipio sobre as axudas para actividades programadas por entidades xuvenís e entidades prestadoras de servicios á xuventude. Os colectivos poderán solicitar este tipo de axudas para programas que contemplen actividades tales como a promoción do asociacionismo xuvenil, a realización de actos de carácter socio-educativo dirixidos a tratalas distintas problemáticas que na actualidade afectan á mocidade galega e programas de animación sociocultural en xeral. As subvención van dirixidas tamén a actividades de aire libre, ambiente e natureza, intercambios con entidades xuvenís doutras comunidades autónomas e países extranxeiros e calquera programa polivalente de actividades que incidan na formación integral da mocidade. As bases polas que se rexen estas axudas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 27 de febreiro e o prazo para solicitalas é de un mes a partir do día seguinte da publicación de dita orde. As asociacións interesadas en obter mais datos sobre ditas axudas poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lalín ou cursar directamente a pertinente solicitude de axuda nas oficinas administrativas da Xunta de Galicia antes do vindeiro 28 de marzo.