«Deza aportou pintores de categoría»

La Voz

DEZA

AMELIA FERREIROA XENTE NOSA Gustavo Hervella, un dos autores do traballo gañador do Premio de Investigación Un traballo sobre a pintura en Deza elaborado por María Jesús Martínez e Gustavo Hervella resultou gañador da segunda edición do Premio Deza de Investigación que convocou o Seminario de Estudios de Deza. Os autores realizaron un amplo percorrido polos pintores da comarca dezá e pretenden amosar o potencial artístico que existe nesta bisbarra. O Premio Deza de Investigación está dotado con 250.000 pesetas (1.502,53 euros) e a obra premiada será publicada nun libro.

02 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

María Jesús Martínez e Gustavo Hervella non se esperaban este premio. -¿Por que investigar sobre a pintura en Deza? -Deza é unha comarca que dende a época dos renovadores, nos anos trinta, aportoulle a Galicia pintores de gran categoría. Parecíanos inxusto que todo o mundo, á hora de falar de Lalín ou Silleda, se lembrara só de Laxeiro e de Colmeiro e non se tivese en conta outras xeracións de artistas. É unha maneira de amosarlle a xente o potencial artístico que hai na súa bisbarra. -¿Como se estructura o traballo? -Consta de tres partes. Falamos dos artistas máis coñecidos e a introducción está adicada ó estudio dos movementos artísticos contemporáneos nos que se desenvolveron tódalas obras dos artistas dezás. -Deza é terra de grandes artistas... -Sempre se deu a coñecer este feito. Pretendemos amosar que o interior de Galicia tamén existe e que na segunda mitade do século moitas persoas se adicaban a noble arte de pintar e que o facían moi ben.