BUZÓN DO LECTOR
21 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Sr. Delegado. En vista de que vostede opta por non comparecer personalmente para falar cos afectados do transporte e optou por facernos saber «as súas novas» a través dos medios de comunicación, nós, os pais, imos elexi-la mesma vía para chegar a vostede. Parécenos que o de lanzar pola prensa estas comunicacións vén a decir moito da súa «capacidade de diálogo» e da súa «boa vontade» de solucionar conclictos. Seguramente debido a súa «preocupación» por estes e outros temas educativos é polo que o colexio público de Rodeiro funciona así de ben con todo. É mo fácil adoptar esta postura de pedirnos ós pais boa vontade. Boa vontade ¿cara quén?, non faga rir, a vontade dos pais xa está aí, e é vostede quen debe responder cun mínimo de dignidade ós escritos e ás peticións dos pais e non andarse polas ramas falando de helicópteros nin de privilexios. ¿Chámalle vostede privilexio ou movilización política a querer impedir que uns nenos percorran máis dun kilómetro para acceder ó autobús escolar, cando éste pode chegar tranquilamente preto da súa casa?. ¿Ou acaso é un privilexio que os veciños leven un trimetres transportando ós seus fillos ó centro escolar por o Sr Meixide lles quitou a súa parada? Ademais, Sr. Boullosa, segue vostede estando no limbo coma cando dixo que nos ían sacar a ESO... e resultou que non falaba deste colexio, non era o de Rodeiro. Agora di vostede que non van arranxar as paradas porque Tráfico o apoia co seu informe e ó mesmo tempo o Sr Eliseo Diéguez sae no mesmo artículo decindo que as de Rañestras, Riobó, Cabanas ...xa están case arranxadas...Póñanse de acordo tal e como se puxeron para calificar a manifestación do 18 de decembro de maniobra política; xa lles debeu quedar claro e senón, miren as fotos, que alí había xente de calquera partido político, apoiando unhas reivindicacións máis que xustas. Baixe do pino, Sr. Boullosa, faga o seu traballo e trate de solucionar algo que nos parece moi fácil e que lle está costando moito traballo entender. ¿É o maletín o bastante grande para que nel quepan Delegado, Alcalde e Director?. Porque ó Señor Meixide segue séndolle moi fácil facer o que quere con vostedes. Nós pedísmoslle unha vez máis diálogo para atopar solucións. ¡Segue en pé a nosa proposta! ¡Do contrario pode haber aínda moita guerra! Os pais afectados polo transporte escolar de Rodeiro.