XENTE NOSA Xosé Manuel Malheiro, pedagogo que falará hoxe de emigración O Concello de Lalín, a través do Seminario de Estudios de Deza, está a levar a cabo unha serie de conferencias sobre emigración. Hoxe, ás 20.30 horas no Museo Municipal, o pedagogo Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez falará de «Emigración, intervención societaria e educación nas terras de Deza e Trasdeza». Malheiro publicou numerosos artigos e libros sobre a comarca do Deza.
06 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.O pedagogo Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez achégase hoxe ata Lalín para pronunciar unha conferencia sobre emigración e educación. -¿As aportacións económicas máis importantes dos emigrantes foron para a creación de escolas? -As remesas dos emigrantes serviron para paliar en Galicia urxentes necesidades en tódolos campos. No eido educativo, a acción dos emigrantes significou abrir as portas das escolas a cativos que se beneficiaron deste recurso para a súa alfabetización. -¿Que escolas foron fundadas? -No conxunto de Galicia están documentadas unhas 400 escolas. En Deza e Trasdeza, ata o momento, temos noticias de once centros de ensino primario fundadas por sociedades de emigrantes e tres a título individual. En total, catorce. -A que atende esta inversión en educación... -Había un sentimento de solidaridade cara á veciñanza: educar á xente para evitar, a curto prazo, o trauma da emigración que eles padeceran. -¿Que sociedades foron as pioneiras? -Se falamos das que tiveron como intención crear centros de ensino, nas terras de Deza e Trasdeza o movemento comenzou en 1908 con Hijos del Partido de Lalín e Hijos de Silleda na mesma data e Pro Escuelas en Bandeira en 1909.