O colexio organiza o séptimo certame de panxoliñas e celebra a festividade da súa patrona
04 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.O colexio María Inmaculada de Silleda programa unha serie de actividades con motivo da festividade da súa patrona e do Nadal ás que están convidadas tódolos membros da comunidade educativa e persoas interesadas en tomar parte nas mesmas. O calendario de actos comenza hoxe coa asistencia dos alumnos de primaria e infantil do centro ó espectáculo de Tortell Poltrona no Auditorio da Semana Verde, de 11 a 12.30 horas. Pola súa banda, os do primeiro ciclo da ESO desprazaranse pola mañán a Casa da Cultura para asistir ó curso de banda deseñada para alumnos e os de 3º ciclo de primaria e 2º ciclo de ESO faránoo pola tarde. O venres haberá actividades deportivas e actos penitenciais. Ximnasia e teatro A festividade da Inmaculada comenzará ó mediodía con misa solemne e posterior viño español nas dependencias do colexio. Ás cinco, no salón de actos da Casa da Cultura, dará comenzo o festival con teatro a cargo dos alumnos de infantil que representarán a obra Cardito caracol, de I. Díaz. De seguido, haberá ximnasia artística e escenificación da peza teatral de J. Díaz, El generalito, dos rapaces de primaria. Finalmente, os alumnos de ESO representarán a obra O campesiño médico, de M. Picouto. O programa de actividades do colexio María Inmaculada de Silleda para este Nadal rematará coa celebración do séptimo Festival de Panxoliñas. Acto que está fixado para o xoves, día 20, ás sete da tarde no salón de actos da Casa da Cultura da vila. Por outra banda, o centro docente agradece á concellería de Cultura do Concello de Silleda a súa colaboración no desenvolvemento destas actividades.