MARÍA HERMIDA XENTE NOSA Gala Curros, compoñente de Xacarandaina, participou no Festival Intercéltico de Francia Gala Curros acaba de chegar de Lorient. Actuou no festival co seu grupo Xacarandaina, ela é unha das cantareiras deste grupo. Despois de estar nun dos festivais onde se reúne a elite musical do folque, agora toca cantar na súa terra. Baixo o nome Ferruxe e con algunhas amigas e compoñentes de Xacarandaina actuará o día 30 na «Noite Meiga» de Artoño. Ademais, neste festival, actuarán a agrupación de baile Luarada e os grupos de folk Vai D'' Arela e Violia.
24 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Gala Curros é unha das cantareiras do grupo Xacarandaina. Hai unha semana participou coa súa voz e a súa arte tocando a pandeireta no Festival Intercéltico de Lorient, en Francia. O día trinta Gala actuará na parroquia de Artoño, en Agolada. -¿Que significa para unha cantareira acudir ó festival de Lorient? -É o máximo, a mellor vivencia do folque que existe. Alí víves a música dunha maneira incrible. -¿Que foi o que máis lle impresionou do festival? - As «Noites Máxicas» de Lorient, que se celebran no estadio de fútbol. É un espectáculo impresionante, actuamos todos os grupos. -¿Como foi o seu comenzo no mundo do folque? Foi dende pequena, empecei a bailar e despois xa entrei en Xacarandaina, ahí metinme na música tradicional que é o que me gusta. -E de ahí a ó grupo profesional...¿Que ten pensado facer Xacarandaina próximamente? -Imos montar un novo espectáculo, estará listo para o ano que vén. Queremos que Galicia disfrute con el.