MONTSE GARCÍAENTREVISTAJosé Varela Ferradáns, novo director da Escola de Música de Vila de Cruces O Concello de Vila de Cruces designou o xoves a Xosé Varela Ferradáns como novo director da Escola de Música da localidade tras o falecemento de Xosé Casal. Varela espera seguir creando unha canteira de músicos para as bandas do municipio.
20 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Xosé Varela toca o clarinete na Banda Artística de Merza dende hai doce anos e é profesor da Escola de Música de Vila de Cruces, ademáis de dirixir a Coral de San Salvador de Camanzo._¿Esperaba se-lo sustituto de Casal?_Esperar non o esperaba, pero non me colleu por sorpresa porque eu era xa colaborador seu e supoñía que pensarían en min._Esto debe ser un gran reto para vostede..._Si, un reto moi grande porque hai que continuar cunha labor moi grande que fixo Casal. El conseguiu que a Escola de Música de Cruces sexa unha das máis importantes de Galicia tanto na calidade dos profesores como en alumnos._¿Considera este nomeamento un premio cando só conta con 23 anos?_Si é un premio porque son bastante novo, pero as cousas hainas que empezar cando veñen. Agora tócame traballar o maximo posible._¿Que proxectos ten?_Primeiro hai que acabar este curso e facer o festival que estaba previsto celebrar o 30 de xuño pola noite, tal e como xa estaba programada. Despois no verán xa pensaremos para o curso que vén. Agora intentarei reunirme co alcalde, Jesús Otero, e cos profesores para crear unha directiva da Escola._¿Qué metas se propón alcanzar?_O primeiro é que a Escola siga servindo de Canteira paras as dúas bandas do municipio, a de Merza e a de Ponteledesma, porque ata o de agora de aquí sairon moitos músicos. Despois tamén intentaremos co tempo conseguir que a Escola se convirta nun conservatorio de grado medio.