Tras 16 meses de resultados incontestables, el Praias de Barreiros sentenció el título de liga y el salto a Preferente con un 4-0 al Vilalba B
02 mar 2026 . Actualizado a las 18:44 h.35 partidos, 34 ganados y uno empatado; 257 goles marcados y solo 36 encajados; y 495 días invictas que cumplirán el próximo 3 de marzo, cuando terminen la liga en la cancha de A Lenda Castroverde. Son los increíbles números que han dado el título de campeonas del grupo 2 de Primera Futgal y el ascenso a la Preferente al Praias de Barreiros femenino. El 4-0 del pasado sábado al Grupo Forma-T Vilalba B sentenció la liga para un equipo mariñano que llegaba al Municipal empatado a 34 puntos con su rival tras 12 encuentros en lo que se convirtió en una final para buscar el merecido premio de un equipo imparable desde el 2024.
Fue el 29 de octubre de ese año, en las semifinales de la Copa Diputación contra un Burela B que entonces militaba en la división superior, cuando cayó 2-5 y sufrió su último tropiezo y el único desde que Andrés López se puso al mando de las operaciones. La pasada liga la cerró con una trayectoria impecable de 20 victorias en 20 jornadas —15 llegaron tras la eliminación copera para sumarse a la gigante serie invictas—, pero el ascenso se les atragantó por motivos burocráticos, al tener un convenio en aquellos momentos con el propio Burela FS. La temporada, aun así, concluyó para el Praias de Barreiros con otro título en una Copa Federación que levantaron en Guitiriz con un 4-2 al Superti Ribeira B, tras superar antes 4-1 al San Lázaro, 0-6 al Pastoricense y 2-1 al Vilalba B.
Tras la decepción del 2025
La decepción de mantenerse en la misma categoría no hizo mella a un cuadro barreirense que ya había conquistado la Copa Diputación en casa el pasado 1 de noviembre al vencer 3-4 al Superti Ribeira, de Preferente. Antes dejó en el camino al San Lázaro (0-9) y el Burela B (7-1) y su trayectoria en liga también fue fulgurante, dejándose solo un empate 1-1 en la cancha del Vilalba B. 89 tantos marcados y solo 15 recibidos en 13 jornadas atestiguan su superioridad.
Un hat trick de Nuria Pérez y otro gol de Elena Pumares pusieron el broche de oro a la campaña del Praias, un equipo que planea seguir medrando en la Preferente con una plantilla llena de trabajo y talento. Hasta cuatro de las componentes de su plantilla se sitúan en las primeras posiciones de la clasificación del pichichi: Antía Fernández es la máxima goleadora con 26 aciertos y una media de dos por encuentro, Nuria Pérez suma 17, la cuenta de Elena Pumares asciende a los 15 goles y Antía Río firmó 14 hasta el momento.
Andrés López: «Tras dúas tempadas impolutas este grupo merecía o ascenso»
Na súa primeira experiencia no fútbol sala feminino, Andrés López Iglesias (Cangas de Foz, 1974) liderou ao Praias de Barreiros en dos cursos case impecables.
—Que tal sabe este ascenso?
—É unha especie de liberación. Despois de dúas tempadas practicamente impolutas este grupo de xogadoras merecía estar no lugar que lle correspondía. Penso que o ano pasado as decisións que se tomaron administrativamente foron tremendamente inxustas con este grupo e é moi de valorar que mantiveran a constancia, a ilusión e, sobre todo, a concentración, xa que foi unha competición na que desde o principio supoñíamos que podía ser a dous partidos contra o Vilalba B. Contra os demais equipos había bastante diferenza, pero tes que ter a ambición e mentalidade gañadora para competir contra todos e creo que nos dous duelos directos fomos bastante superiores ao Vilalba. É unha satisfacción e unha liberación levar este equipo ao lugar que lle corresponde, a Preferente.
—Como viviron ese partido contra o Vilalba B na casa que se converteu nunha final?
—Foi un partido practicamente perfecto pola nosa parte. Fomos moi superiores de comezo a fin. As xogadoras estaban preparadas a nivel mental para afrontalo e, sobre todo, é unha satisfacción como levaron o plan de partido, o que traballamos durante toda a semana. Sabíamos onde nos podía facer dano o Vilalba, traballamos os seus puntos fortes e as xogadoras estiveron incribles, levaron á perfección o que traballaramos a nivel táctico. Creo que non lles demos opción en ningún momento do partido.
—O nivel das xogadoras é tan superior á categoría?
—Realmente é unha cousa que me sorprendeu desde que me metín nesta aventura do deporte feminino. Téñoo falado coas rapazas, non entendo como este equipo nas dúas ou tres temporadas anteriores acabou cuarto, quinto ou terceiro, son as mesmas xogadoras, non fichamos a ninguén. É certo que houbo xogadoras que deron un paso adiante tremendamente importante e outras que xa estaban contrastadas, cun gran nivel técnico, e agora tacticamente xa están preparadas para unha categoría superior.
—Como foi o día a día do equipo?
—Hai que sacarlles o sombreiro. Desde o primeiro día o compromiso que tiveron comigo e consigo mesmas e o club foi enorme. Hai que poñerlles un dez, é unha das grandes sorpresas que eu levei, polo menos con este grupo, do deporte feminino. O compromiso foi total, incluso máis este ano, que viñamos de que nos arrebataran algo que nos correspondía e non era fácil manter a ilusión na mesma categoría.
—Ve ao equipo preparado para competir na Preferente con vostede á fronte?
—É moi pronto para saber se vou seguir, é unha cuestión que hai que falar co club e no seu momento se solucionará. Respecto ao equipo, hai un grupo de xogadoras que están preparadas para afrontar a categoría superior, aínda que as divisións están para algo e se necesitarán algúns retoques, baixo o meu punto de vista. Iso xa é traballo de secretaría técnica, a ver ata onde pode chegar o club, pero eu penso que con dous ou tres retoques o club está sobradamente preparado para competir con garantías na Preferente.