Unha oportunidade para presentarnos

Xosé Aller TRIBUNA

DEPORTES

05 jul 2016 . Actualizado a las 14:21 h.

Dende a Asociación de Veciños de Veciños de Novo Mesoiro, valoramos moi positivamente que a Federación Galega de Boxeo escollera o noso barrio para organizar os campionatos de España de Boxeo AOB. Para nós, como representantes do barrio, entendemos que é unha honra que se escollera un barrio periférico como é o noso para a realización deste evento. Evento que suporá que Novo Mesoiro será o centro da cidade durante a súa duración. Tamén servirá para que o comercio de proximidade do barrio poida ofrecer o mellor que ten a todos aquelas persoas que veñan a velo.

Dende a AVV de Veciños apoiaremos sempre todas estas iniciativas que supoñan para o noso barrio unha oportunidade de presentarnos como un barrio novo e comprometido co deporte. Por iso queremos agradecer a Federación Galega de Boxeo, e máis concretamente co seu presidente Manolo Planas por ternos escollido para a realización destes campionatos.

Xosé Aller es presidente de la AVV de Novo Mesoiro