27 nov 2013 . Actualizado a las 06:50 h.
Excelente actuación global a da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE) na primeira Liga Galega de Espada. O pasado domingo, na sala de esgrima da Casa da Auga da Coruña, a adestradora do club, a cambadesa Araceli Bugallo, colgouse a prata no cadro feminino, e Ramón Durán o bronce no masculino.