«Animo á xente a que veña e que probe»

Antonio Garrido Viñas
Antonio Garrido VILAGARCÍA / LA VOZ

DEPORTES

Gustavo César Veloso, na contrarreloxio da pasada edición de La Vuelta.
Gustavo César Veloso, na contrarreloxio da pasada edición de La Vuelta. martina miser< / span>

O vilagarcián está convencido de que a cita vai ser todo un éxito de participación

07 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Gustavo César Veloso deu as súas primeiras pedaladas no Club Ciclista Cambados. Sabe, xa que logo, da tradición de participación da vila cambadesa en iniciativas como o Día da Bicicleta que, organizado por La Voz de Galicia, se celebra mañá. Para inscribirse na proba hai que pasar pola tenda de Orange na Avenida de Vilariño ou ben achegarse dende as dez da mañá ás carpas que a organización terá colocadas na praza de Fefiñáns

-¿Que lle parece que se celebren iniciativas como a de mañá en Cambados?

-Todo aquilo que promova o deporte é moi bo e isto serve para inculcar o uso da bicicleta. O deporte de competición é unha cousa e o social é outra. Isto vale para tamén para promover a bici como medio de transporte, é unha arma social.

-¿Ten participado vostede en citas coma esta?

-Antes de pasar a profesionais eu militaba no Club Ciclista Cambados e colaboraba na organización do día da bicicleta. Cambados é unha das zonas onde máis repercusión ten este tipo de iniciativa. Cada ano viña máis xente. Eu participei sempre que puiden.

-Coñece ben, xa que logo, o percorrido...

-Cambados é chan. Non ten dificultades orográficas importantes. Lembro que teñen vido nenos en bicis con ruedíns. Cando pasabamos polas aldeas a xente aproveitaba para meterse e dar o paseo con nós.

-¿Que consello lle daría á xente?

-Consellos poucos porque todo o mundo xa sabe como é. Si lles diría os que non viñeron nunca que veñan e que proben.

-Parece convencido de que van participar moitos ciclistas.

-Porque repito que en Cambados hai unha tradición moi importante de participar neste tipo de iniciativas. Se o tempo acompaña, este día da bicicleta vai ter moito éxito.