«O golpe é mala sorte. Non podes facer caso e hai que ir o balón con normalidade»

Montse García Iglesias
MONTSE GARCÍA LALÍN / LA VOZ

DEPORTES

MARCOS MÍGUEZ

Quince días despois do encontronazo que o levou ao hospital foi titular

28 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O porteiro do Lamela, Marcos Pérez, volveu a porse debaixo dos tres paus este domingo en Muradelos, só quince días despois de que un golpe fortuíto contra un xogador rival lle obrigara a estar hospitalizado catro días e lle detectaran fracturas na cavidade bucal. Este veciño de Bendoiro (Lalín), que acaba de cumprir precisamente 25 anos este domingo, empezou a xogar nas categorías inferiores do Lalín, despois estivo unha tempada no primeiro equipo. De aí marchou para o Silleda e esta é a terceira temporada que milita no Lamela, sempre situándose na meta.

-Volveu a xogar só quince días despois do golpe. ¿Como explica este regreso tan rápido ao terreo de xogo?

-Tiña ganas de volver. Era o meu cumpreanos e xuntáronse ademais outros aspectos. Ademais, había que axudar ao equipo como fora.

-¿Ten que usar algunha protección? ¿Xa se recuperou por completo?

-Non me deron ningunha protección especial. A fractura está aí, pero como para peor non pode ir..., a vivir con iso... Mañá (por hoxe) aínda vou ao neurólogo para ver que recomendacións me da, pero o doutor que me veu na planta cando estiven hospitalizado díxome que non tiña problema ningún para practicar deporte. Despois, hai días que teño xaquecas.

-¿Que recorda do choque contra o xogador do Amio, Jairo de La Torre?

-Non recordo nada. Fun ao balón e despois xa espertei cando xa pasara todo e con todos ao redor miña.

-¿É a primeira vez que sofre un golpe tan forte?

-Non, xa tivera un accidente de coche. Entón xa non é primera vez, daquela estivera nove meses de baixa, pero no fútbol si que foi a primeira dun golpe tan forte.

-Este domingo, cando saltou ao campo, ¿tiña medo cando saía a disputar un balón ou xa metidos no encontro un xa non se lembra do golpe forte que sufriu?

-É como todo. Se paras e lle colles medo, apaga e vámonos. E como cando tiven o accidente, se lle tivera medo o coche... Realmente, é a mala sorte. Por iso, non podes facer caso e hai que ir o balón con normalidade.

-¿Cando empezou a adestrar despois do choque contra o xogador do Amio?

-Foi o venres.

-Entón, pronto volveu a porse na portería...

-Si, si... (sorrí). Había adestramento o xoves e volvín o venres.

-E agora xa falando do equipo, ¿como ve ao equipo este ano despois de subir a Primeira Autonómica?

-Creo que se conseguimos manternos como grupo non imos ter problemas para manternos, pero todo depende da racha... Non está moi segura. O mellor que temos é as ganas que lle poñemos todos. A partir de aí temos que poñernos a traballar contigo e esperar a ver que o pasa.

Marcos pérez porteiro do lamela