Teucro-Valladolid, partido estrela no triangular do Portadeza Lalín

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

DEPORTES

O Teucro non quere que os seus xogadores acusen en exceso o parón da liga Asobal, de novo demediada pola desputa de competicións internacionais. Os azuis xogan esta tarde un novo torneo amigable co que pretenden poñerse a punto para o regreso á competición, a mediados do mes que vén. Desta volta os rivais son o Lalín e o Valladolid. O triangular empezará ás seis da tarde, e desputarase no polideportivo municipal de Lalín. Abrirán a competición o equipo local, actual noveno clasificado da Primeira División, a terceira categoría do balonmán masculino. O enfrontamento durará media hora. Despois, Lalín e Valladolid mediranse durante outra media hora, para dar paso ó minipartido entre os dous conxuntos de Asobal, que terá dúas partes de vinte minutos. Cisne e Bueu Atlético Mentres, en Primeira División, o Cisne derrotou en Pontevedra ó Tres de Mayo, un dos conxuntos con máis calidade ofensiva da competición (30-26). A sorprendente victoria do equipo de Edín Covelo fundamentouse nunha gran segunda parte: os pontevedreses perdían no descanso por 12-14. Pola súa banda, o Bueu Atlético viaxa esta mañá a León para enfrontarse ó mediodía ó filial do Ademar. Os morracenses esperan un partido duro ante un rival no que probablemente actúe algún xogador con experiencia na liga Asobal.