A formación de Esteiro lanza o tema «Bicos» en sinal de agradecemento e dará o eu último concerto no festival EmigraSON de Bruxelas
23 ene 2025 . Actualizado a las 10:53 h.A banda galega de punk-rock Terbutalina anunciou unha parada indefinida tras 15 anos de traxectoria. A súa despedida chega coa edición de Bicos, unha canción chea de amor e agradecemento para toda a xente que os acompañou durante estes anos. Ademaís, ofrecerán un concerto final no Festival EmigraSON, en Bruxelas, o próximo 22 de febreiro.
«Sinceramente, temos o mellor público que podiamos ter. Querémosvos moito e seguro que vos imos botar de menos», recoñecen os integrantes da banda no seu comunicado oficial.
Ademais de agradecer ao seu público o apoio incondicional, Terbutalina quixo recoñecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible a súa historia: músicos como Simón, Brais e Samu; colaboradores como Ovidio, Joki, Miguel600 e Gerardo; e, de forma especial, Tomás e Patricia, a quen consideran piares fundamentais do proxecto. Tamén quixeron destacar aos «técnicos, camareiros, seguratas, bandas amigas e programadores» que compartiron camiño con eles.
O citado concerto no EmigraSON, donde estarán xunto a De Ninghures, Fillas de Cassandra e Tanxugueiras, terá lugar na sala La Madeleine. As entradas aínda están dispoñibles para todos aqueles que queiran vivir o último baile coa banda.«Poeticamente, marchamos tocando na sala La Madeleine. ¡Acudan e bailen, HOSTIA!», di o grupo nunha nota de prensa Terbutalina.