Roberto Fernández, «fascinado» como premio Blanco Amor

La Voz OURENSE

CULTURA

Fernández no momento de recibir o premio este sábado en Ourense
Fernández no momento de recibir o premio este sábado en Ourense Alberte PAZ

O ourensán gañou coa novela «A inmoral doutora Cons»

04 dic 2022 . Actualizado a las 18:44 h.

«O retrato certeiro do rural galego na década dos 50 do pasado século apoiado nunha excelente documentación», foi, en palabras do xurado, o que levou a Roberto Fernández a recibir o XLI Premio de novela Eduardo Blanco Amor, impulsado pola Deputación de Ourense en colaboración coa fundación á que dá nome o autor. A inmoral doutora Cons é o título da novela seleccionada polo xurado de entre 25 orixinais presentados.

«É unha novela que o sitúa ao carón dos grandes das nosas letras», dixo César Fernández, vicepresidente da Deputación e encargado de entregar o premio a Fernández en forma dunha escultura de Acisclo Manzano ademais de 15.000 euros. Fernández Álvarez agradeceu o premio, «enmarcándose entre dúas correntes eléctricas, a miña paixón pola literatura e a miña paixón pola medicina. Confesouse fascinado por recibir «o premio Nobel, porque para min este é o premio Nobel da literatura galega». Dedicoulle o recoñecemento ao seu pai, Xilberto, pola influencia literaria na súa persoa. A novela «vai dar que falar», dixo Luís González Tosar, presidente do xurado. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, amosouse na súa intervención convencido de que un «médico que escribe novelas é, sen dúbida, un bo médico e un médico que gaña o Blanco-Amor é un novelista formidable».