Gallego Jorreto ingresa hoxe en Belas Artes como académico de honra

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

O seu discurso de ingreso leva por título Sobre as relacións entre a arquitectura e a natureza

16 dic 2017 . Actualizado a las 11:06 h.

O arquitecto Manuel Gallego Jorreto ingresa hoxe na Real Academia Galega de Belas Artes como académico de honra, nunha sesión extraordinaria pública que se celebrará ás 12.30 horas no Museo de Belas Artes da Coruña. O seu discurso de ingreso leva por título Sobre as relacións entre a arquitectura e a natureza. Responderá o tamén arquitecto e vicepresidente da entidade Celestino García Braña.