«Lobos»

O cantante pontevedrés Davide Salvado é un dos fenómenos máis fascinantes da escena musical galega


redacción / la voz

O cantante pontevedrés Davide Salvado (Marín, 1981) é un dos fenómenos máis fascinantes da escena musical galega. Con humildade de autodidacta, baixou (ou subiu) calado ás fontes, a escoitar, a gravar, a falar coas vellas pandereteiras, a pararse á sombra dun hórreo ou dunha nogueira nas aldeas da montaña galega, sen présas, como un máis, entre mulleres, cantareiras e bailadoras -que el chama informantes-, coa digna sensibilidade dun antigo brindeiro dos Ancares ou un devoto da regueifa ou da copla. Hoxe, cun pé afirmado na tradición e outro nunha visión aberta, mestiza e heterodoxa, atesoura un dos cancioneiros máis engaiolantes do país, que vai servindo en doses de grande beleza, xa presente no recente traballo Rústica, que compartiu con Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. Lobos, que evoca a idea da pureza telúrica, eleva a música de raíces máis locais á categoría de son global coa axuda de intérpretes do talle de LAR Legido (Sumrrá), Quim Farinha e Santi Cribeiro (Berrogüetto), Xavi Lozano (Coetus), Miguel Hiroshi, entre outros. Unha marabilla auténtica.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«Lobos»