Pinto & Chinto derrochan humor en «Nicomedes o pelado»

Kalandraka edita en galego, castelán e portugués o álbum ilustrado de David Pintor e Carlos López

la voz

Que un home quede calvo é algo que acontece con frecuencia e, xa que logo, non ten nada de extraordinario. O que si se pode saír do común é o repertorio imaxinativo que este mesmo home desprega para facer fronte á súa nova situación. De imaxinación e humor tiran David Pintor e Carlos López, que forman a parella de humoristas gráficos Pinto & Chinto, denominación baixo a que publican o álbum ilustrado Nicomedes o pelado, que Kalandraka edita en galego, castelán e portugués.

Nicomedes é ese personaxe que perde a súa espléndida cabeleira e debe botar man de todo tipo de enxeñosas alternativas á súa prematura calvicie. «Ao estar pensada para primeiros lectores a historia é sinxela e directa, vai ao miolo para achegala aos máis pequenos», explica Carlos López. «Hai nela moito humor, cunha estrutura de xogo, rítmica, que nos permite facer un crescendo de gags ata a sorpresa final», engade Pintor. Para López, é esa dimensión lúdica a que facilita que o libro funcione moi ben cando se conta en voz alta, convidando a unha escenificación participativa. «A historia, ademais, amósalles que os problemas da vida hai que tomalos con humor e a buscarlles solucións creativas», afirma.

Pinto & Chinto non descartan novas entregas de Nicomedes nun futuro. De momento, presentarano nas feiras do libro de Lisboa e Madrid.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Pinto & Chinto derrochan humor en «Nicomedes o pelado»