«Todos vós sodes capitáns», de Óliver Laxe, chegará ás salas

redacción / la voz

CULTURA

As tres salas nas que ata onte estaba prevista esta estrea comercial eran a Sala Berlanga, en Madrid; os Cinemes Girona, en Barcelona, e tamén os Filmax da Coruña.

26 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O próximo tres de xuño, a película premiada o ano pasado no Festival de Cannes, Todos vós sodes capitáns, do realizador galego Óliver Laxe, chegará ás pantallas comerciais.

Despois dunha exitosa vida de festivais, nos que aínda esta mesma semana era premiada no Festival Online, que se celebra en Madrid, a película rodada en Marrocos será estreada en tres cines.

As tres salas nas que ata onte estaba prevista esta estrea comercial eran a Sala Berlanga, en Madrid; os Cinemes Girona, en Barcelona, e tamén os Filmax da Coruña.

A película de Óliver Laxe foi rodada en Marrocos cun grupo de rapaces dun centro de acollida que participaban nun obradoiro de cine. A película, rodada con baixo presuposto, chamou a atención no Festival de Cannes do pasado ano, no que resultou gañadora do premio que concede a Fipresci. A película será tamén programada polo canal de pago TCM en datas que aínda non se deron a coñecer.