Un programa entre o máis arriscado e os consolidados

La Voz

CULTURA

María Paredes explicou na presentación da feira que comeza o luns que a selección do programa para esta decimoitava edición tiña dúas intencións fundamentais. Por unha banda apoiar compañías novas, «con espectáculos nos que hai experimentación e máis risco» e, da outra banda «darlle entrada a compañías experimentadas, que funcionaron durante os últimos anos e que poden obter vendas pola súa presenza na feira».

Deste xeito estarán presentes as compañías de circo como Almacabra ou Arrpentimentos de Padrón e tamén, a medio camiño entre a danza e o teatro, Elefante Elegante.

Da outra beira están Carlos Blanco ou aquelas compañías que acaban de estrear espectáculo neste mesmo mes ou a finais de setembro: Lagarta, Lagarta, Talía Teatro, Producións Excéntricas/Mofa e Befa, Teatro do Atlántico, Morcego ou Ningures.

Veronese na Feira

A comunidade invitada neste ano é Andalucía. Tres espectáculos representarán ao teatro andaluz nesta feira, Histrión Teatro cun texto escrito e dirixido por Daniel Veronese, un espectáculo de danza a cargo de Teatro del Velador e outro espectáculo infantil a cargo da compañía La Rous, premiada en el Fetén.