-No caso da novela tamén hai un escenario concreto, unha favela de São Paulo.
-Creo que é un espazo que lle vai ben, pero tamén podería ser extrapolable a calquera outra grande cidade. Fala das periferias e da xente que vive nelas. Fala, en realidade, da imposibilidade dos rapaces deses lugares de saír da circunstancia que teñen: fame, narcotráfico, armas. Utilicei esa paisaxe porque a vivín unha tempada, pero tamén foi dun xeito casual que cheguei a ela.
-¿Dende alí vese solución a todos eses problemas?
-Non estiven alí tanto tempo e tampouco son socióloga como para poder saber como derivaran esas cousas. Pero a impresión que teño é que cada vez esas periferias serán máis gueto porque hai moita xente de alá que non está interesada en saber o que pasa neses barrios. Tamén me parece que tanto a pobreza como o narcotráfico ou as armas son cousas que se retroalimentan de maneira que os rapaces alí non encontran outra saída que dedicarse a iso.