03 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A programación para este ano do CGAC é a primeira do novo director, Miguel von Haffe Pérez, que na introdución da discreta publicación que dá conta das propostas subliña que se inicia un ciclo no que agarda «un maior achegamento da institución aos seus potenciais receptores». Nas oito propostas expositivas destacan a retrospectiva de arte povera de Gilberto Zorio; a do holandés Bas Jan Ader; que vai percorrer a influencia das culturas negras na arte atlántica, Afro Modern: Journeys through the Black Atlantic ; a intervención do artista galego Rubén Santiago, que forma parte do proxecto co Concello de Santiago A cidade interpretada , ou a de fotografías de Galicia de Cristina García Rodero.